Evento: Abracadabra

Abracadabra
domingo, 6 xullo, 2025 - 13:00
Praza Alcalde Rojo Losada,
Monterroso

Abracadabra

Espectáculo de maxia a cargo de Mago Rafa

"ABRACADABRA" – ¡A maxia cobra vida contigo!
Benvidos a "Abracadabra", un espectáculo de maxia onde os verdadeiros protagonistas son os nenos e nenas!
Aquí, a maxia non acontece só no escenario… ¡acontece nas súas propias mans! Desde o primeiro momento, os pequenos espectadores converteranse en auténticos magos, axudando en cada xogo de maxia, dicindo as palabras máxicas e descubrindo que a ilusión é aínda máis poderosa cando a vivimos xuntos.
Con risas, sorpresas e moita diversión, este espectáculo interactivo fará que cada neno e nena se sinta parte da maxia. ¡Nada por aquí, nada por alá… e de súpeto, un mundo cheo de abraio aparece ante os seus ollos!
"Abracadabra" é un espectáculo deseñado para espertar a imaxinación, fomentar a participación e facer que cada asistente se sinta especial. Porque neste show, a maxia non só se ve… ¡vívese!
¡Non o perdas e prepárate para unha viaxe máxica inesquecible!

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Ghrelo power
15 de agosto, 12:00
Alameda - Ordes - A Coruña
A bailar!
15 de agosto, 21:30
Almoite - Baños de Molgas - Ourense
A bailar!
15 de agosto, 21:30
Almoite - Baños de Molgas - Ourense
FESTICULTURA O MILLOR PARA PERDE-LA CORDURA
15 de agosto, 23:00
Rúas da vila - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra