Evento: Peza do mes: Cáliz tardogótico

Peza do mes: Cáliz tardogótico
xoves, 1 maio, 2025 a sábado, 31 maio, 2025
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Cáliz tardogótico

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 14 de maio ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

 

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo de Belas Artes) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

O cáliz é unha das pezas principais da celebración eucarística, e como tal é representativo da ourivaría litúrxica, receptor das mellores técnicas e materiais. Este é o caso da peza obxecto de estudo deste mes, un destacado cáliz en prata na súa cor no exterior e sobredourada no interior.

Aínda que carece de marcas e inscricións, responde a unha tipoloxía de cáliz tardogótico moi  empregada nos talleres peninsulares da primeira metade do século XVI. Cun pé amplo e circular, destaca o deseño da mazá, que vira a estruturas discretas, probablemente xa comezando a asimilar formulacións renacentistas.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición máis pormenorizada, e os paralelismos estilísticos con pezas semellantes. Este estudio elaborado, nesta ocasión, por Ángel  Domínguez López.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello