Evento: Conferencias no marco da exposición "Memoria e azougue"

Conferencias no marco da exposición "Memoria e azougue"
sábado, 10 maio, 2025 - 19:00
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Conferencias no marco da exposición "Memoria e azougue"

Aproximación á fotografía histórica custodiada no Museo

En relación á exposición fotográfica “Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1897-1970)”, o Museo Etnolóxico presenta un ciclo de conferencias que comenzarán o venres 25 de abril ás 8 da tarde da man de María Soliña Barreiro González e continuará con outras dos conferencias realizadas por Vitor Vaqueiro Foxo e Eduardo Ochoa o sábado 10 de maio ás sete da tarde. Os títulos son os seguintes:

- 25 de abril: Retrato e clase na fotografía galega do primeiro terzo do século XX, por María Soliña Barreiro González

- 10 de maio: Arquitectura, retrato e sociedade na liñaxe dos Llanos, por Vitor Vaqueiro Foxo

- 10 de maio: Mirando ao pasado. Recuperación de fotografía histórica, por Eduardo Ochoa.

A entrada é de balde ata completar o aforo.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de xaneiro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Letras capitulares
1 de xaneiro a 31 de xaneiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A aventura creativa de Anzuelo
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal