Evento: La Regenta

La Regenta
sábado, 12 abril, 2025 - 20:00
Pazo da Cultura,
Narón
Espectáculo teatral a cargo de Secuencia 3

Unha historia sobre o enfrontamento entre a paixón desbordada dos desexos e do amor fronte ás cadeas da moral social provinciana e a traizón.

Ambientada na cidade de Vetusta, La Regenta publicada en 1884, é unha das grandes novelas da literatura española do século XIX e unha das máis importantes da historia, segundo moitos críticos. Trátase dunha obra naturalista que retrata con dureza o ambiente dunha cidade de provincias dominada por unha clase alta ociosa e un clero que impón unha moral hipócrita e asfixiante.

Ana Ozores é a protagonista, unha bela e nova rapariga que casa con don Víctor Quintanar, antigo rexente da Audiencia de Vetusta, moito maior que ela, egoísta, e que vive en certo xeito nun mundo que non ten nada que ver coa realidade. Ana sente angustiada no seu matrimonio e, debido á súa frustración, é atrapada por don Álvaro, o donjuán da cidade, e polo seu propio confesor, don Fermín de Pas, quen anhela convertela na súa esposa.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Meco e sono
14 de decembro, 12:00
Sala Bahía - Foz - Lugo
Retranca e maxia
14 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Teatro de papel
14 de decembro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Go on!
14 de decembro, 19:30
Auditorio Municipal - O Grove - Pontevedra