Evento: Go on!

Go on!
domingo, 14 decembro, 2025 - 19:30
Auditorio Municipal,
O Grove
Espectáculo teatral a cargo de Malasombra

Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

"GO ON!" recopila esta experiencia límite que deixa aos do "Al filo de lo imposible" como simples boyscouts.

"GO ON!" é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situacións extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.

"GO ON!" é un completo folleto turístico que servirá para que outros ousados viaxeiros saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou como identificar a Santa Compaña.

"GO ON! é un manual de supervivencia imprescindible para saber como viaxar nun tren galego a velocidade negativa cheo de galegos cantando cancións populares ou como ser porco e sobrevivir no San Martiño.

"GO ON! é unha guía de primeiros auxilios con recomendacións necesarias como que facer logo de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer logo de limparse o cú con ortigas.

"GO ON!" é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os seus habitantes, como cal é a orixe da frase "non me toques os suevos", cada canto tempo cambian as sábanas os da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva á pregunta máis trascendente de todas as preguntas: "Que din os rumorosos na costa verdecente?"  

"GO ON!". Unha  odisea cómica no espacio galego.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

As que limpan
22 de novembro, 20:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Sophie non é o meu nome de guerra
22 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
A metamorfose
22 de novembro, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.
22 de novembro, 20:30
Auditorio Casa da Cultura - Vimianzo - A Coruña