Evento: Mimesis

Mimesis
domingo, 9 febreiro, 2025 - 17:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo de danza infantil a cargo de Zig Zag Danza

É o que  ves. Somos o que vemos. A tribo se reune para o ritual iniciático da vida. Como nun espello, moldeamos o reflexo daquilo que nos rodea reinterpretándoo para chegar a ser o que somos. Antes de Nada, Todo NON era.Mimesis constrúese ao redor da imitación como vía de relación co mundo que nos rodea, aprendemos porque repetimos aquilo que vemos. Formamos parte dunha comunidade e dunha contorna  natural que nos serven  de referencia para a cosntrución do que chegaremos a ser. A modo de ritual non vebal comunicámonos entre nós, comunicámonos convosco, vos comunicais connosco e no xogo da repetición o espazo que habitamos transfórmase. Mimesis concíbese como un ritual escénico para a primeira infancia e as súas familias, que constrúe un ecosistema escénico para que sexa habilitado por intérpretes e familias participantes.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Matres
MATRES
22 de xaneiro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
o_dragon_de_ouro
O dragón de ouro
23 de xaneiro, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
As gardiás
As gardiás
23 de xaneiro, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Tabú
Tabú
23 de xaneiro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense