Evento: A nena que vivía nunha caixa de mistos

A nena que vivía nunha caixa de mistos
venres, 14 novembro, 2025 - 12:00
Forum Metropolitano,
Betanzos

A nena que vivía nunha caixa de mistos

Espectáculo teatral a cargo de Caramuxo Teatro

A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con "As fabas máxicas" , continuou con "Feo" (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.

A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto "A vendedora de mistos" de Hans Chistian Ándersen.

Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.

Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro cunha gran caixa de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender  mistos a quen os necesite, no día a día coñece un ganso e unha gata que mudarán a súa vida para sempre.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

o_dragon_de_ouro
O dragón de ouro
23 de xaneiro, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
As gardiás
As gardiás
23 de xaneiro, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Tabú
Tabú
23 de xaneiro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense
alen
ALÉN
23 de xaneiro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense