Evento: Monstros no camiño

Monstros no camiño
sábado, 27 xuño, 2026 - 19:00
Salón Teatro,
Lalín
Espectáculo teatral a cargo de Ghazafelhos

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo Camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non…

Percorrerán unha chea de personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o Camiño dende, Drácula, Lobisome… até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos… Todo baixo un humor absurdo do que Ghazafelhos nos ten acostumado facendo un espectáculo familiar que nos farán sentir cómplices da historia.

Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho dan vida a catro científicos-aventureiros que investigan os monstros tradicionais do camiño de Santiago. 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Ye-Yé. Strad el violinista rebelde
16 de agosto, 23:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Coa cabeza nas nubes
18 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
As formas do amor
As formas do amor
19 de agosto, 21:00
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
Meu santo
22 de agosto, 22:00
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña