Evento: Obradoiro de bonecos de trapo: crea a túa personaxe (xoguetes non sexistas)

Obradoiro de bonecos de trapo: crea a túa personaxe (xoguetes non sexistas)
mércores, 27 novembro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro de bonecos de trapo: crea a túa personaxe (xoguetes non sexistas)

Obradoiro a cargo de O faiado de Nin

Obradoiro no que cada participante dará vida a unha personaxe de trapo, personalizándoa ao seu gusto. Partindo de bonecos “en branco” cada nena e neno poderá poñerlle pelo (de lá ou tea de peluche), pintarlle a cariña e ata confeccionar a súa roupa con retallos de tea e feltro. Quen dixo que os bonecos son cousas só de nenas???

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Perfumes
Perfumes da natureza
18 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia