Evento: Persoas refuxiadas en Santiago de Compostela; a experiencia do colectivo LGTBI
Persoas refuxiadas en Santiago de Compostela; a experiencia do colectivo LGTBI
xoves, 20 xuño, 2024 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Persoas refuxiadas en Santiago de Compostela; a experiencia do colectivo LGTBI
Faladoiro no marco da programación de Compostela Diversa, promovida polo departamento de Igualdade do Concello de Santiago
Cedemos o espazo para realizar un faladoiro sobre persoas asiladas LGTBI que organiza o departamento de Igualdade do Concello de Santiago no marco do programa Compostela Diversa 2024 en colaboración coa ONG Movemento pola Paz. Participan Roman Efremov, refuxiado ruso e activista LGTBI e Vanesa Ramos Abraira, avogada do Programa de Protección Internacional de MPDL-Galicia; modera Alfredo Saborido
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.



