Evento: O corazón na boca

  • Cartel 'O Corazón na boca'
O corazón na boca
domingo, 21 abril, 2024 - 12:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

O corazón na boca

O domingo 21 de abril ás 12:00 horas o Salón Teatro acolle a estrea de 'O corazón na boca', o proxecto de teatro comunitario que o Centro Dramático Galego desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Teatro (Fegatea) e a compañía Nauta Teatro, no marco do proxecto europeo Phōnē. O espectáculo conta coa dramaturxia de Nauta e dirección de Rafael Rey e nel participan trece actores e actrices membros dos diferentes grupos de teatro amador asociados á Fegatea. Os aderezos e vestiario desta peza realizáronse no marco da colaboración cos diferentes ciclos formativos do IES A Pinguela de Monforte. O domingo 28 ás 12:00h haberá unha nova oportunidade de asistir ao espectáculo. As entradas son gratuítas e poderán retirarse na billeteira dende unha hora antes de cada función. 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Monxa Millo Sentinela
19 de xuño
Salón Teatro
Comisión de festas
21 de xuño
Biblioteca de Galicia
Danza 3 | Xacarandaina
4 de xullo
Campo da festa
Os Rizos de Lía
4 de xullo
Espazo Lorenzo Varela