Evento: Peza do mes: Céltiga e outras revistas americanas no MAPOUR

  • Portada da publicación da Peza do Mes de marzo do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Céltiga e outras revistas americanas no MAPOUR
venres, 1 marzo, 2024 a domingo, 31 marzo, 2024
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Céltiga e outras revistas americanas no MAPOUR

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 13 de marzo na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos documentais) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, etc., e reforzar así o seu valor..

 

Este mes difúndese o gran fondo que posúe o Museo na súa biblioteca, que, integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, contén unhas 20.000 monografías e 1.200 revistas, das que 233 son vivas.

De acordo coa gran relación mantida entre Galicia e América, consérvanse numerosas revistas desta procedencia tanto propias da colectividade galega –tal que Céltiga– como publicacións científicas ligadas aos institutos, academias ou universidades.

A revista Céltiga desenvolveu a súa actividade entre 1924 e 1932, e a súa importancia ven dada polo seu papel na afirmación da identidade da nosa colectividade en América nese período histórico.

De xeito máis pormenorizado trátase na publicación da peza do mes de marzo, e tratarase tamén na súa presentación pública do 13 de marzo, dende a explicación do seu contexto en Bos Aires, a elección do nome, a estética e a orientación dos contidos ata a participación dos intelectuais ou as ideas que quería representar.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico de Ourense, nun estudio a cargo, neste caso, de Afonso Vázquez-Monxardín Fernández.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense