Evento: ESTRATEXIAS DE MUSEOLOXÍA SOCIAL 2024

  • cartazconversas_edms24
ESTRATEXIAS DE MUSEOLOXÍA SOCIAL 2024
martes, 30 abril, 2024 - 17:00
Museo Provincial de Lugo,
Lugo

ESTRATEXIAS DE MUSEOLOXÍA SOCIAL 2024

Ciclo de conversas

A Rede Museística Provincial de Lugo abre por terceiro ano consecutivo esta comunidade iberoamericana de aprendizaxe virtual a unha experiencia nova: un espazo de conversa, de posta en común e de pensamento colectivo. Dende a perspectiva investigadora e educadora da museoloxía social -en liña co lema do Día Internacional dos Museos deste 2024– e co foco posto no tempo.

Este ano, as nosas Estratexias da Museoloxía Social poñen o foco na educación e a investigación nos museos, seguindo o lema que o ICOM propón para o vindeiro 18 de maio, Día Internacional dos Museos. No noso caso, ademais, co tempo como fío condutor.

 

A Rede Museística Provincial de Lugo convidáte a ti e ao teu equipo e comunidade a inscribirvos e participar activamente en #EdMS24 | Investigar e aprender no museo: outro tempo, a través do noso espazo de aprendizaxe virtual e no ciclo de conversas que se desenvolverán no mes de abril e no que se citarán profesionais de referencia en educación e investigación, innovación, arte e xestión cultural en relación ao eido museístico.

 

Estarán nestas conversas Rufino Ferreras (Museo Thyssen-Bornemisza), Chiqui González (exministra de Innovación e Cultura de Santa Fe-Argentina), Olaia Fontal (Observatorio de Educación patrimonial en España), Nayeli Zepeda (Educadorxs de Museos e NodoCultura-México), Clara Boj (Programa Experimental de Mediación y Educación a través del Arte Permea-Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana y Universitat de València), Esteban Torres Hormazábal (Museo Violeta Parra de Chile e Museo de los Museos), María Cacheda(área de Mediación de la Agencia Catalana del Patrimonio Cultural) e Johanna Palmeyro (Movimiento Justicia Museal).

 

Toda a información ampliada e o acceso ao formulario de inscrición está na web: https://comunidadermpl.gal/estratexias-de-museoloxia-social-2024/

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Peza do mes: Instrumentos de medición
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "Las voces silenciadas"
15 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal