Evento: Cestería no Camiño
Cestería no Camiño
Na procura dunha maior visibilidade a un oficio a piques de desaparecer, e que formou parte da vida cotiá de toda Galicia, o Museo do Castro de Viladonga organizou o “II Encontro Internacional de Cestería no Camiño”, na que quixo reunir no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro a cesteiros e cesteiras de diferentes procedencias, creando un espazo no que puideron compartir coñecementos ao mesmo tempo que mostrar os seus traballos ao numeroso público que visita este conxunto, entrada en Galicia do Camiño de Santiago.
Como complemento a este II Encontro preséntase unha mostra con pezas realizadas e cedidas polas persoas participantes, afondando nos numerosos e distintos materiais, técnicas, formas, deseños e usos das diferentes pezas realizadas.
Esta exposición permanece aberta na Palloza Museo os meses de xullo, agosto e setembro, en horario de apertura do museo.
Máis eventos de tipo Exposición