Evento: Día do Medio Ambente no Gaiás 2023: Ioga no Gaiás

Día do Medio Ambente no Gaiás 2023: Ioga no Gaiás
domingo, 4 xuño, 2023 - 10:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Día do Medio Ambente no Gaiás 2023: Ioga no Gaiás

Obradoiro polo Día do Medio Ambiente.

Se che apetece empezar o día con enerxía esta mañá de domingo é ideal para conectar coa natureza e participar nunha clase de ioga ao aire libre.

A actividade terá lugar nun marco que inspira moita calma como é o Parque do Lago, no monte Gaiás, e estará inspirada en cinco elementos: terra, auga, lume, aire e éter. Ademais, poderás coñecer os espazos verdes das inmediacións da Cidade da Cultura.

A clase será impartida por Paula Toimil, compoñente do Servizo de Educación e Mediación da Fundación Cidade da Cultura e profesora de ioga certificada.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS
17 de maio
Museo das Peregrinacións e de Santiago
OBRADOIRO ISAAC DÍAZ PARDO
OBRADOIRO ISAAC DÍAZ PARDO
17 de maio
Museo das Peregrinacións e de Santiago
TRAE O TEU LIBRO E VEN LER CON JUAN TALLÓN
TRAE O TEU LIBRO E VEN LER CON JUAN TALLÓN
18 de maio
Museo das Peregrinacións e de Santiago