Evento: Voces olvidadas. As mulleres do Hospital de Conxo

Voces olvidadas. As mulleres do Hospital de Conxo
xoves, 9 marzo, 2023 a sábado, 30 setembro, 2023
Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Voces olvidadas. As mulleres do Hospital de Conxo

Exposición de 57 pezas entre documentos, fotografías e obxectos.

O Psiquiátrico de Conxo, un dos máis antigos da península, contou desde os seus comezos (foi creado en 1885) cunhas instalacións modelo, dotadas dos máis modernos equipos e coa atención de prestixiosos profesionais. Pero tamén funcionaba cos patróns de xénero propios da época, onde mulleres consideradas naquel momento enfermas eran ingresadas polo feito de tentar transgredir os roles que a sociedade patriarcal reserváballes no ámbito do fogar. Ser muller e tola supoñía un dobre estigma.Eran mulleres silenciadas pola sociedade, recluídas na institución e cun contacto exterior estritamente controlado.

A exposición pretende dar a coñecer a riqueza do fondo do propio Hospital Psiquiátrico de Conxo, transferido ao Arquivo de Galicia en 2012 procedente do Servizo Galego de Saúde. A través destas pezas abórdase o estudo da psiquiatría e da saúde mental desde múltiples aspectos, entre os que se atopa a perspectiva de xénero.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n