Evento: LXX aniversario Moto Club Compostela

LXX aniversario Moto Club Compostela
mércores, 1 febreiro, 2023 a domingo, 12 febreiro, 2023
Plaza de las Platerías, 2,
Santiago de Compostela

LXX aniversario Moto Club Compostela

Exposición coa que se conmemora o aniversario da fundación da asociación Moto Club Compostela

En 2023 fanse setenta anos da fundación do Moto Club Compostela, asociación deportiva e cultural de entusiastas e afeccionados ao mundo da moto con sede en Santiago de Compostela. Esta exposición é unha homenaxe para dar a coñecer a historia e evolución deste tempo. Motocicletas, fotografías, carteis, vestimentas e outros obxectos curiosos farán que os visitantes se trasladen a outras épocas, unha viaxe na que se sintan partícipes dun club de motociclistas con gran influxo e arraigamento na cidade santiaguesa.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Concha Jerez e José Iges. Resignificaciones
14 de febreiro a 1 de xuño
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5