Evento: Unha árbore de historias. 100 anos de literatura infantil e xuvenil

Unha árbore de historias. 100 anos de literatura infantil e xuvenil
martes, 1 novembro, 2022 a martes, 30 maio, 2023
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Unha árbore de historias. 100 anos de literatura infantil e xuvenil

Exposición de cen obras que simbolizan a evolución da literatura.

A Biblioteca de Galicia organiza unha nova exposición,Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil, onde os visitantes van poder achegarse a preto de cen obras que simbolizan a evolución da literatura infantil e xuvenil galega. Uns libros que queren ser unha invitación a coñecer mellor a nosa historia literaria, pero tamén un reclamo que nos leve a desfrutar da lectura doutra obras.

A mostra amosa na súa meirande parte primeiras edicións. Aparecen nas súas vitrinas os primeiros textos que escribiron Vicente Risco e Filgueira Valverde e tómase como referencia de partida o ano 1922, cando sae do prelo a revista infantil As Roladas, impulsada por Ramón Cabanillas. O itinerario revisa diferentes épocas e xéneros literarios, sendo parada importante no percorrido o reencontro con Balbino, personaxe fundamental das nosas letras creado por Neira Vilas en Memorias dun neno labrego.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Imaxes do viño en Galicia: etiquetas do viño galego
3 de setembro a 31 de decembro
Museo do Viño de Galicia