Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Os contos da pota

Unha extravagante cociñeira elaborará unha receita familiar arredor dunha pota moi especial na que viven marabillosas personaxes e, mentres remexe a lume baixo, os ingredientes irán cobrando vida e transportarannos a un mundo de sabores e emocións, onde as cousas non sempre son o que parecen.  Duración: 45 minutos. A partir de tres anos.

Galego

Contanto contos

Contos para pequenos e para maiores. Para o verán e para o inverno. Para antes de comer e para despois de cear. De animais e princesas. De bruxas e sorpresas. Contos de todo tipo que non te podes perder. Queres que cho conte outra vez? Duración: 45 minutos.  A partir de tres anos.

 

 

 

Galego

Contos de tesouros

Tan, tan, tan grande é o mundo que podes atopar un tesouro debaixo dunha pedra, nunha illa deserta, na lúa, nun cofre... e, sobre todo, nos contos.

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Maxia nunha maleta

Un show onde a maxia e a alegría mestúranse para dar como resultado un fascinante momento misterioso. Maxia e música que saen dunha maleta.

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 50 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

A tenda das palabras. Verbas do bosque

Diante da perda pouco a pouco, lentamente, das verbas do bosque na memoria das nenas e dos nenos, unha tenda das palabras, inzada de verbas coma buxo, freixo, aciñeira, sobreira, fraga, souto..., chega a biblioteca de Vigo para que as nenas e nenos merquen unha verba cun sorriso, e con esa verba o vendedor de palabras vai construír unha historia sobre o coidado da terra.

Duración: 45 minutos

Idade: de 3 anos en adiante

É necesario recoller invitación

Galego

Home, sweet home

Este obradoiro céntrase no conto d'Os tres porquiños, que representarán os nenos e nenas. Tamén elaboraremos unha careta relacionada coa historia.

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Historias viaxeiras: máquinas e obxectos de papel

Sobre cartolinas, papeis e cartóns xogan cores, ilustracións, luces e voces levándonos a construír máquinas e obxectos que narran as historias viaxeiras. Achegándonos a paisaxes e escenarios onde os personaxes fannos partícipes das súas aloucadas aventuras e sentimentos.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 3 anos en adiante.

É necesario recoller invitación.

Galego

Contos sorprendentes de nenas e nenos diferentes

Quen non soñou esperto algunha vez? Ti, eu, todos nós poderíamos protagonizar estas historias imposibles, historias de meniñas e nenos diferentes coas que viaxar a planetas afastados, medrar e encoller o noso tamaño, converternos en monstruosos dinosauros e xunto aos indios montar a cabalo.

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación.

 

Galego

En boca pechada non entran contos

Un menú moi elaborado cos mellores nutrientes para levarnos de alí alimentado o estómago, o cerebro e o corazón. Os nosos comensais irán elixindo os seus pratos segundo o menú de contos que teñamos ese día. Se non abres a boca (para pedir) non entrarán contos...

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto