Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Discover your inner powers

“Descobre os teus poderes ocultos”. Esta sesión trata de descubrir as túas super poderes ocultos e utilizalos para facer o ben. Pescudaremos o que os verdadeiros superheroes fan e como usan os seus poderes. Despois os nenos/as crearán os seus propios escudos de armas e pegaranosr á súa capa e isto converteraos en verdadeiros heroes da vida real.

Duración: 60 min.

Galego

Ilusióna-te

Un espectáculo dinámico, sorprendente e divertido, onde te volverás a ilusionar e sorprender con efectos e situacións máxicas diferentes.

 

Duración: 45 minutos. 

Galego

A música da auga

A historia comenza recuperando a cultura tradicional do “espertar das augas”, continuando o ciclo da auga a través do percurso dun río (O Minho).

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Chove!

Cando chove miudiño, o mellor son uns contiños. Se chove a caldeiros, contarémolos por milleiros.
Xa caen as primeiras pingas, pinguiñas que nos han de mollar. Que veña logo, ímolas escoitar!

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

É necesario recoller invitación

Galego

4 (CATRO)

Veño de lonxe sobre o mar de escuma e prata, do lugar onde a Lúa baila polas noites coas melgas. Na miña maleta traiovos historias. Historias para escoitar e ulir, salgadas coma as personaxes incribles que me acompañan. O meu nome é Manuel Antonio. Son mariño. Son poeta.

Duración: 45 min.

Galego

Contando coa ciencia

Explicar a través dun conto, como a ciencia está connosco no día a día. Como xuntando dúas cores primarias conseguimos unha nova cor. Ou que se xuntamos auga e aceite non conseguimos mesturalos, así como outros moitos experimentos que podemos facer en casa. Duración: 45 min. aprox.  A partir de 4 anos. Inscrición previa na biblioteca ou no tfno. 886 120 440.

 

Galego

A maxia do Nadal

Nesta ocasión, Leo Leiño virá acompañada dun Paxe dos Reis Magos, para que a axude a realizar una maxia moi, moi de nadal Papá Noel e os Reis Magos, e por suposto os dulces navideños estarán presentes nos trucos que Leo nos trae nesta ocasión.

Galego

Oficina de obxectos perdidos

Por que os máis pequenos e pequenas e os que non son tan cativos/as gardan un cachiño de papel, unha variña queimada dos fogetes que tiran nas festas, unha conchiña recollida na praia, unha flor, unha pedra, un cachiño de tela……? Todos eles son obxectos que se van xuntando nunha caixiña. Por que os pais e nais queren que se tiren eses recordos se eles mesmos gardan unha caixiña semellante á dos nenos?   Esas caixiñas non só gardan obxectos, gardan historias dos invernos na aldea, das festas do pobo, dos veráns na praia.

Galego

A maxia dos bosques

Brais recibe unha carta (en papel reciclado) do seu curmanciño advertíndolle de que se está a perder a maxia do bosque por causa dos incendios da man do malvado Lumemor e que sen bosques definitivamente non haberá maxia.
Lembrándolle a  historia da vella meiga Chantada coa axuda de vasoiras  e variñas máxicas (feitas con madeira de diferentes árbores autóctonas) transforma a nenas e nenos da biblioteca en paxariños, lobiñas, corzos, miquiñas…., para salvar ese lugar de fragas e soutos que é onde nacen os contos “a maxia dos bosques”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto