Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Novas vellas melodías con Pablo Díaz

 

Concerto de 50 minutos no que Pablo Diaz e mais o guitarrista Rubén Barros farán un percorrido polas cancións máis populares dos seis traballos de Pablo, empezando polos temas do último traballo “Coas miñas mans” ata chegar aos máis famosos e coñecidos “O reloxo de Alberte”, “O moucho chosco”, etc. Asimesmo, Pablo e Rubén incorporarán temás inéditos que por primeira vez se tocarían en público neste espectáculo.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 50 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

    Galego

    Princesos e principetas

    "Princesos e principetas" mestura a narración oral de contos combinada coa música, para crear unha atmosfera íntima que permita conectar coa sensibilidade feminina e masculina na procura dun universo compartido dende a igualdade.

    Duración: 45 minutos.

    Idade: de 4 anos en adiante.

    Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

    Galego

    Os libros da titiriteira

    Grandes Libros que conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible.

    E, aínda que nun primeiro momento poida parecer que é o titiriteiro o que vai a contar as historias… descubriremos que dos libros xurde outro tipo de vida… levándonos a un mundo que nos atrapará coa súa maxia.

    Duración: 35-40 minutos.

    Idade: de 4 anos en adiante.

    Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

    Galego

    Mariña, contos nacidos no mar

    Mariña, nacida do mar, foi unha serea galega que viviu entre nós fai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboan os fondos do mar. Agora sae da auga para compartir todas as súas historias con nós. "O mar, fermoso e misterioso..."

    Duración: 45 minutos.

    Idade: de 4 anos en adiante.

    Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

     

     

    Galego

    Bechiños

    Un coello que se mira a un espello. Un crocodilo que sempre anda perdido.

    Un ovo moi raro cun becho agochado. Cinco patiños que agardan

    durmidiños... Cantos e contos de animais para pequenos bechiños.

    Duración: 30 min.

    Idade: de 0 a 3 anos.

    Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

    Galego

    Os Nortis e os libros sen título

    Os Nortis son uns personaxes que habitan na dimensión da creatividade e a través dos libros axudan aos nenos e nenas a espertar a súa imaxinación. E con esta premisa comeza unha viaxe entre libros de cartón dos que xorden despregables pop- up, mecanismos móbiles e xogos de contraluz con imaxes. Unha aventura visual e de lendas para toda a familia.

    Duración:50 minutos.

    Idade: de 4 anos en diante.

    Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

     

    Galego

    Verbas no bosque das letras galegas

    "O bosque garda verbas, teixo, freixo, fento, xesta, loureiro..., con elas as nosas escritoras e escritores, dende Rosalía a Celso Emilio, de Cunqueiro a Xela Arias, levan tecido historias e poemas. As nenas e nenos da biblioteca Nodal de Vigo tentarán axudar a plantar e regar estas verbas para que sigan tecendo poemas e historias das letras galegas."

    Duración: 45 minutos.

    Idade: de 4 anos en adiente.

    Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

    Galego

    Matías, un pito con moito conto

    Un divertido contacontos para nenos e nenas, realizado por unha das escritoras máis recoñecidas na literatura infantil e xuvenil na actualidade. Baseado na obra da autora dirixida ao público infantil, propón un contacontos onde se valora a PERSONALIDADE, a DIFERENZA QUE NOS FAI ÚNICOS, e o VALOR necesario para converter isto nunha FORTALEZA.

    Idade: de 4 anos en diante.

    Duración: 40 minutos.

    Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

     

     

    Galego

    Páxinas

    Subscribirse a RSS - Os sábados, conto