Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O pucheiro da señora Emilia

A señora Emilia atopou un pucheiro máxico onde se cociñan caldos e guisos deliciosos e a mellor marmelada do mundo. Pero a señora Emilia é moi agradecida e presta o pucheiro a quen o precisa a cambio dunha boa historia. E estes son os contos de aquí e de alá, de medo e de risa, tristes e enxeñosos que lle contaron á señora Emilia.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Entre bechos anda o conto

Eu nunca lle chamei bechos ós bichos. Aos bechos sempre lles chamei bichos. Pero desde que a miña madriña me explicou a importancia dos bechos para o medio ambiente. Aos bichos, aínda que tamén se lle poda chamar así, sempre lle chamei bechos.

 

"Entre bechos anda o conto" trata de visibilizar a importancia destes pequenos animaliños na nosa vida cotiá. Un espectáculo no que se combina a narración oral co teatro de monicreques.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

Galego

Contos para a igualdade

Contacontos que narra historias verdadeiras de animais personificados. Verdadeiras non porque sucedesen na realidade, senón porque desde a fantasía fálannos da vida cotiá.

Historias de personaxes que nunca existiron pero aos que lles pasan cousas reais: sofren cando senten rexeitados, gozan dos xogos e o amor, buscan protección e respecto, pero que tamén loitan por romper cos estereotipos establecidos pola sociedade, ou como con esforzo pódese lograr todo o que un se propoña.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Galego

Hamelín, un traxugas e unha morea de animais

A cidade de Hamelín é atacada pola era tecnolóxica e só os nenos conseguen fuxir e comezar a desfrutar da súa vida sen móbiles, ordenadores ou calquera outro aparello da nova era. O traxugas, un destes nenos, chega a unha antiga vila rural na que un sin fin de aventuras o están a esperar.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

O cociñeiro Martiño

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións...

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Sabela e o paxaro máxico

Narración ilustrada con monicreques de luva, e variña. Unha pequena nena que ten que aturar os caprichos da súa xefa, un paxariño fantástico que sempre está disposto a axudala, un mago malvado, un ogro cheirento, un príncipe desaparecido, uns reis preocupados... e todo iso cheirando a perfume? Non pode ser...

Duración: 50 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Un bosque na maleta

Brais dos bosques, o “mouro Moure", chega á biblioteca cun bosque dentro dunha maleta inzada de variñas máxicas de teixo e sobreira, trasniños, carrabouxos, meigas, magas, vasoiras voadoras …, para viaxar ate soutos e fragas aprendendo a nadar entre as árbores a xeito dun baño de bosque.

Duración: 45 minutos.

 
Idade: de 4 anos en adiante

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Un mundo ao revés

Un espectáculo visual baseado na idea do mundo ao revés. Non hai nin principio nin final, unha sucesión de diferentes efectos máxicos que farán voar a nosa imaxinación.

Unha formulación que promete « facer realidade os soños e transporta ao público a un mundo onde o imposible pode pasar».

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Contos agachados no peto

Ata o século XVI a xente non usaba petos, levaba as súas cousas en bolsas de tea ou coiro, pero era tan incómodo e fácil de roubar polos bandoleiros dos camiños que a un xastre se lle ocorreu inventar unha tea cosida por fóra para non perder as cousas. A partir de aí "coser é cantar". O peto pode ser grande, ou pequeno, con cremalleiras ou botón pero sempre leva algo para poder contar un conto moi especial.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 50 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

O chineiro da tía María

Contacontos que emprega e adapta a técnica tradicional europea do “cantastorie”, no que se mistura a narración de historias, as pinturas en grandes lenzos e a música cooperativa.

A trama xeral está protagonizada pola propia narradora, Chus Caramés, que recibe resposta de “a tía María” a través dos contos e cancións que atesoura no chineiro da súa casa, ás súas innumerables preguntas sobre as cousas que a rodean.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 40 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto