Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Animais artistas e outras cousiñas

Sabías que en Sudáfrica vive un porco chamado Pigcasso que debuxa cadros sen parar? E que o Capitán dos Corvos da Torre de Londres é galego? Coñeces a Jonathan, a tartaruga mais vella do mundo? Descobre estas historias, inspiradas en feitos reais, que tratan sobre a amizade, a exaltación das artes, a importancia da saúde e o coidado dos nosos maiores.

Duración: 40 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade

Galego

Brinca vai!

Cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no  teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

 

Galego

Non teño medo!

Tomé é un neno que ten medo. Ten medo á escuridade, a ir ao dentista, a estar só... Sempre pensa que algo malo lle vai pasar. Pero un día atopa un misterioso amigo que lle axudará a superalo.

Non teño medo! trata sobre o medo, sobre como nos enfrontamos a el e sobre como podemos axudar a superalo. Porque todos tivemos medo algunha vez e aínda o temos de vez en cando aínda que digamos: "Non teño medo!" 

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou n teléfono 886 0120 445 a mesma semana da actividade.

 

Galego

Voar sen Medo

Narración oral, con manipulación de obxectos, baseada no libro 'Valados', de Agustín Fernández Paz, onde descubriremos o valor da amizade por encima da diferenza e derrubaremos medos e muros.

Idade: de 4 anos en diante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

 

Galego

Contos para entender o mundo

Contos para entender o mundo, son pequenas historias que nos contan o porqué das cousas; porque as xirafas teñen o pescozo tan alto, porque a semana ten 7 días,...

Ven e descobre esas respostas

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 dende o luns anterior á actividade.

Galego

Lume

Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.

Nesta fermosa historia, o noso protagonista, un pequeno misto que sempre está enfadado, aprenderá a xestionar a frustración.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na bibloteca ou no teléfono 886 120 445 dende o luns anterior á actividade.

 

Galego

The Good Dinosaur

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, na que traballarán os valores e emocións que se representas no conto. E en cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión intentando que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en diante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

Galego

Don Paco, facedor de soños

Unha escolma de cartas, versos, artigos e historias para conmemorar a un home que dedicou a súa vida a soñar e a loitar pola cultura do seu país.

Idade: de 4 anos en diante.

Duración: 45 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

 

Galego

A sobreira tecedeira

Conto e obradoiro para aprender a quererse querendo a natureza coa historia dunha sobreira que teceu o seu corcho para curarse do lume, do lixo e da contaminación.

Adaptado a todas as idades cun obradoiro de creación de arbores tecedeiras con carton reutilizado.

Idade: de 4 anos en diante.

Duración: 45 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto