Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Filipa cos contos

Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só da nosa contorna máis próxima, senón tamén doutras terras. Contos "filipantes", acompañados dunha guitarra.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Galego

O son das palabras

Homenaxe á obra de Luisa Villalta, a través dunha montaxe de teatro de papel contemporáneo. Partindo de técnicas de kamishibai e emakis translucido xaponés.

Créase unha historia onírica, xogando coa palabra, música, luz e papel.

Personaxes como unha onda, unha árbore, un paxaro ou unha cuncha entre outros, crean o seu mundo entre sons, música e poesía.

Duración: 60 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

A fada do saco verde

Erea é unha fada diferente ao resto xa que non posúe poderes máxicos e isto fai que se sinta mal e que o resto de fadas se mofen dela. Pero un día todo cambia cando os seres do bosque técenlle un saco máxico no que pode gardar todo aquilo que manca o mundo e convértese así na fada do saco verde. 

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

Unha princesa diferente

Érase unha vez, unha princesa farta de todo o que lle rodeaba. Unha princesa diferente que non quería ser princesa, nin ter vestidos elegantes, nin que a peiteen, nin que a vistan de cousa …Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 886 120 445.

Galego

Entre contos e cantigas

Contaremos pequenas historias encadeadas con cancións, ditos e xogosda nosa tradición e tamén algunha composta adrede para estas funcións.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

The Colorful Monster

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, e se traballarán os valores e emocións que se representan no conto. En cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión intentando que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

Reserva de praza na bilioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

Pés de lobo. Un lobo na biblioteca

Anxo Moure transfórmase nun vello home lobo da Serra do Faro, no centro de Galicia, para levar ás nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia nunha aposta polo coñecemento da contorna.

Este espectáculo promove o que deben facer as máis pequenas e pequenos no seu día a día para salvar o bosque dos contos. 

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

Sentindo emocións

Cantacontos infantil baseado no libro “O monstro de cores” no que coñecemos as emocións básicas como a alegría, tristeza, ira, medo e a calma a través dos diferentes sentidos como son a vista, o tacto e o oído, pois todas van sempre acompañadas de música, quen concibe as emocións sen música?

As cores, as texturas e diferentes cancións irannos descubrindo as diferentes emocións neste concerto interactivo no que o público forma parte do conto.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto