Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Puss in boots

Contacontos en inglés cunha pequena actividade relacionada coas emocións ao rematar.

Inscrición previa na biblioteca ou no tfno. 886 120 445 a mesma semana da actividade

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 50-60 min.

Galego

Animaliños

“Animaliños” é unha peza de narración oral que conta e dramatiza contos da tradición oral de todo o mundo. Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia… A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación, abandone a cidade e viaxe ó bosque, á selva… Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha pega moi golosa e á un coello e a un loro que teñen unha granxa…….

Duración: 40 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

Galego

U-la titiriteira

Personaxes ficticios mostran unha realidade que padecen nenas e mozas en todo o mundo, ás que se lles nega, en diferentes grados, o pleno desenvolvemento como persoas e a consecución dos seus soños. A gatiña Lúa oponse a iso, sendo exemplo de constancia e valentía.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana do contacontos (dende luns 26 de setembro).

Galego

Cantando os cantares

Cantando os cantares, é un percorrido polos "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, en forma de concerto, no que os máis pequenos descubrirán como esta importante obra da literatura ten moito que ver cos nosos soños e aspiracións, tristezas e alegrías. E é que os “Cantares gallegos” son os nosos cantares, falan de nós,…

Duración: 40 minutos. Capacidade: 20 nenos/as.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Animais artistas e outras cousiñas

Sabías que en Sudáfrica vive un porco chamado Pigcasso que debuxa cadros sen parar? E que o Capitán dos Corvos da Torre de Londres é galego? Coñeces a Jonathan, a tartaruga mais vella do mundo? Descobre estas historias, inspiradas en feitos reais, que tratan sobre a amizade, a exaltación das artes, a importancia da sanidade e o coidado dos nosos maiores.

Duración: 40 minutos.

Capacidade: 20 nenos/as.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Florencio nas ondas

Unha homenaxe á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Sintoniza o programa de radio “Florencio nas ondas” para coñecer a este gran poeta galego combatente, ao que lle dedican as letras galegas neste ano 2022. Florencio Delgado Gurriarán contribuíu coa súa obra a dignificación de Galicia, e a normalización da nosa fala, nunha época escura. Defendeu o uso da lingua galega, sen complexos, ata desde o exilio.

Galego

Ōkami e os seres fantásticos

O lobo ōkami, acompáñanos ao bosque e o linde dos poboados xaponeses, para coñecer aos seres fantásticos que protexen a natureza e outros que son un pouco mais travesos.

Montaxe en teatro de papel e kamishibai tradicional xaponés. Unha viaxe polos seres mitolóxicos xaponeses.

 

Duración: 45 minutos.

Capacidade: 20 nenos/as.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Comechíns, segundo prato

En "Comechíns, segundo prato" mergullarémonos nun mundo imaxinario, no que as cativas e os cativos, ou non tanto, descubrirán como a lectura pode abrir o apetito... E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.

Duración: 45 minutos.
Idade: de 4 anos en adiante.
Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

A maxia dos libros

“A maxia dos libros” é o resultado dunha combinación entre maxia, comedia e improvisación, en onde as baritas e bastóns máxicos que nos fan ver o inexplicable, únense á fantasía creada polos lapis, bolígrafos e teclas, cuxa tinta é capaz de crear ilusión, derrotar a imperios ou de xerar vida. Todo iso, unido á inestimable participación do público presente.

Unha escenificación máxica versátil que transmite habilidade e enxeño, empregando elementos cotiás que poden emerxer dá nada, esvaecerse, levitar ou mudar de forma.

Descobre a maxia que esconden os libros no seu interio

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto