Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Let’s move!

Coñece os nomes das partes do corpo en inglés e os verbos de movemento. E todo por medio de divertidas cancións, xogos de mímica e imaxes.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

A verdadeira historia de Victoria

A verdadeira historia de Victoria toma como punto de partida un brevísimo conto popular, co que xogaremos a imaxinar, a facer hipóteses e a crear rimas para inventar novos contos, cancións e historias. Esta é a historia da vaca Victoria, pero... e se no lugar dunha vaca, Victoria fose... unha serpe, ou un coello, ou un galo, ou un lobo, ou unha solitaria velliña, ou ...?.

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación.

Idade: de 4 anos en adiante.

Galego

Feliz feroz

O lobo feroz recibe na súa casa ao seu sobriño o lobiño pequeniño. O lobiño vai xunto de seu tío para aprender a ser feroz.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación. 

Galego

Mmmm delicious!

Session based on food through several activities: a narrativa-telling, role-plays, a song and a game. // Dedícase a sesión aos alimentos, que se traballarán mediante un conto e a súa teatralización, unha canción e un xogo.

Duración: 60 minutos aprox.

De tres anos en diante.

Inscrición previa.

Galego

O carballo e a meniña gaiteira

Era unha vez un vello carballo que gardaba na súa cerna voces chegadas do fondo dos tempos e que unha meniña ia recollendo nun caderno para dar a coñecer a fala e os cantares dun pobo. Aquela meniña levaba na fronte unha estrela e no bico un cantar. 

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

É neccesario recoller invitación.

Galego

Contos de inverno

Cando o frío conxela o nariz, o vento abanea as orellas e a chuvia peta nas tempas, hai contos que aquecen o corpo e o maxín co sabor a chocolate.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

É necesario recoller invitación

Galego

Contos do carboeiro

Martiño é un carboeiro que vai de casa en casa no inverno, para quecer os fogares das xentes e botar algúns contiños. Pero, sabedes cal é o seu soño? Coñecer ao carboeiro máis famoso de todos: o Apalpador.

Duración: 50 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

É necesario recoller invitación.

Galego

O xove apalpador

Aquí está, xa chegou, o xove Apalpador. Fillo, neto, bisneto de apalpadoras e apalpadores viaxa dende o cerne da Serra do Caurel para contarlle as nenas e nenos historias e contos sobre a comida ecolóxica, sobre alimentarse sans, e sobre a necesidade coidar a natureza, de respectar os bosques, ríos e regatos para coidar a nosa saúde. Dun xeito divertido e ameno, con música, poemas e cantigas, o xove apalpador presenta a vida na aldea dun xeito moderno e divertido.

Galego

Contos de Nadal

Contos e lendas de Nadal. Historias que fan soñar nos días de Nadal, cheos de momentos especiais. As luces, os sons e os personaxes máxicos poboarán a nosa imaxinación.

Idade: de 4 anos en adiante.

É necesario recoller invitación.

Duración: 45 minutos.

Galego

Welcome back Santa!

Obradoiro en inglés para aprender palabras importantes do Nadal (reno, agasallos, boneco de neve) e as principais preposicións de lugar. Para iso cantarán unha panxoliña e realizarán xogos con tarxetas de imaxes. Por último escribirán a carta a Santa Claus

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos. 

Inscrición previa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto