Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Run, run, I'm the Gingerbread man!

 In this session the kids will work with the story “The Gingerbread man” and they’ll play different roles. They’ll also create a craft, sing a song and play games in order to practice the vocabulary related to food, especially desserts. //  Esta sesión dedicarase a traballar co conto “ The  Gingerbread  man”, que os nenos e nenas  teatralizarán. Ademais, completarase cun traballo manual e realizarase unha canción e xogos co obxectivo de practicar o vocabulario relativo á alimentación, en especial ás sobremesas.  Duración: 60 minutos aprox.  A partir de catro anos. Capacidade: 20 nenos/as.

Galego

Pensa e xoga: ciencia para nenos/as

Explora, descobre e crea. Obradoiro onde os nenos e nenas poderán achegarse á ciencia dunha maneira práctica e lúdica onde realizarán experimentos e actividades do quefacer científico, nos cales deberán enfrontarse a desafíos e problemas que deben resolver aplicando métodos e pensamento teórico -práctico.  Un espazo onde aprender, divertirse e espertar vocacións no campo das ciencias naturais.  Duración: 60 minutos. A partir de catro anos. Capacidade: 35 nenos/as. Inscrición previa.

 

Galego

A maxia da ciencia

José Antonio Godoy mostra como a maxia e a ciencia se funden para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento. Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Ademais, mostra as perspectivas e posibilidades de ser un verdadeiro científico.  Duración: 45 minutos.  A partir de catro anos. Capacidade: 35 nenos/as. Inscrición previa.

 

Galego

Ghosts gather here!

Esta sesión dedicarase á celebración de Halloween nos países anglosaxóns e nela tratarase vocabulario relacionado coa mesma. Traballarase cun conto, cantaranse cancións, os nenos e nenas realizarán unha manualidade “ terrorífica” e presentaranse xogos sobre esta temática.

Inscrición previa na biblioteca ou no tfno. 886 120 440

Idade: de 3 anos en adiante

Duración: 60 minutos

Galego

Contos miúdos

Nos contos hai personaxes moi pequenos que con arrouto, imaxinación e intelixencia fan historias moi grandes.

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 35 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Maxia e imaxinación

Sinopse: O espectador toma parte activa do espectáculo converténdose en protagonista, outras veces o artista converte en mago ao espectador facendo que sexa a propia maxia a que dite o camiño. Aparicións, desaparicións, obxectos en suspensión, cambios de cor de sedas, unha infinidade de efectos que o converten no espectáculo ideal para toda a familia. Déixate levar pola maxia de ...  Tomy Aznar.

Duración: 45 min. aprox.

Capacidade: 35 nenos/as.

Inscrición previa.

A partir de tres anos.

Galego

Os contos do traxugas

Sinopse: Traxugas son e como traxugas me criei, e como bo traxugas moitos contos contarei. Así é como me chama a miña avoa e así é como dende a tradición ata a actualidade compartiremos unha longa viaxe. Temos convidados moi especiais: un raposo que de vez en cando esquece as cousas, algunha que outra gata danzarina que monta unha boa festa subindo ás árbores e moitas sorpresas que aínda quedan por descubrir traxugueando contigo. Súmate ao noso camiño! 

Duración: 45 minutos.

Capacidade: 35 nenos/as.

Inscrición previa.

A partir de tres anos.

Galego

It’s the other way around!

In this workshop we’ll see the traditional story Goldilocks and the three bears    and we’ll work on the basic antonyms in English through songs and games. // Neste taller traballaremos co conto animado de Ricitos de ouro e os tres ositos    e cos antónimos básicos en inglés mediante cancións e xogos. Duración: 60 minutos aprox. A partir de tres anos.

Galego

O cataventos e outras historias de Vilaxeada

En Vilaxeada hai unha velliña, un curral sen galo, un cataventos… As pitas do curral, que coñecen ben o que acontece, reúnense de cando en vez para contar as historias da aldea: como apareceu o cataventos da igrexa, como quedou o curral sen galo e que lle pasou a outros personaxes e animais que por alí vivían. Contacontos baseado nos relatos de Mª Victoria Moreno. Duración: 45 minutos aprox. A partir de tres anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto