Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pescando contos

Contos salgados, mollados, contos vellos e contos novos, historias de peixes e de quen os pesca, historias das nosas rías e tamén de mares remotos. Mergullarémonos nun mar de historias, nadaremos polas profundidades e sairemos á superficie para coller aire, remataremos salgados e empapados de palabra.

Duración: 50 minutos.

Inscrición previa.

 

 

Galego

Circus is coming to town!

Sesión baseada no mundo circense. Centrarase nas figuras do pallaso, o acróbata e o mago para traballar con verbos de acción en inglés, as cores, as partes do corpo e os animais do circo. Inclúense xogos de rol e coordinación.

Duración: 60 minutos aprox.

A partir de 4 anos.

Inscrición previa.

Galego

A sala de Catapunchimpúm

Se en "Fabrica de contos" dábanos un paseo polo laboratorio da mesma onde se fabrican os contos, esta nova sala lévanos a dar co final dos contos, o verdadeiro final. Que é dos contos unha vez fabricados no laboratorio? De novo estou sen axudantes así que os visitantes a fabríca serán os que se aventuren comigo para tomar a decisión máis importante dos contos... o final. Duración: 45 minutos.

A partir de 3 anos. Inscrición previa.

Aforo: 35 nenos/as.

Galego

Continentes

Contos do mundo en pequenas maletas. Un mundo de contos para nenos e nenas.

Duración: 45 min. aprox.

Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa.

Público: a partir de tres anos.

Galego

Old Macdonald had a Farm// O vello Macdonald tiña unha granxa

So this month we will be learning about animals: what animals live on the farm, what they do on the farm and what noises they make.  We will make a sculpture with plasticine of their favourite animals to take home. //  Este mes aprenderemos cousas sobre os animais: que animais viven na granxa, que fan nela e que ruídos fan. Faremos unha escultura con plastilina do animal favorito de cada un para levar para casa.  Duración: 60 minutos aprox. Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa. A partir de 3 anos.

Galego

Un mundo diferente

 

Neste mundo diferente o público forma parte do espectáculo fundíndose entre cordas, panos, cartas, globos e outros elementos máxicos. Duración: 45 min. Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa. A partir de 3 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto