Teatro na mochila
O contacontos Anxo Moure apresenta un novo e novidoso, singular e imaxinativo proxecto de animación e contacontos. O primeiro teatro do mundo que viaxa nunha mochila reutilizada, unha proposta de animación a lectura con contos, monicreques, paiasos...
Onde están os contos? Na mochila/ Onde están os soños? Na mochila/ E a tenrura? Na mochila/ Onde están as historias? Na mochila/ E a esperanza? Na mochila/ Onde está o teatro? Na mochila