Os sábados, conto

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Let’s move!

Coñece os nomes das partes do corpo en inglés e os verbos de movemento. E todo por medio de divertidas cancións, xogos de mímica e imaxes.

Idade: de tres anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

O gato sen botas

Un día o gato con botas ve que non ten as súas botas e comeza unha busca por toda a vila. E cando as atopa ve que non as dá metido e todos o axudan. Duración: 45 minutos. Idade: de tres anos en adiante. É necesario recoller invitación.

Galego

Un mundo ao revés

Espectáculo visual baseado na idea do mundo ao revés. Non hai nin principio nin final, unha serie de diferentes efectos máxicos que farán voar a nosa imaxinación.

Duración: 45 min.

Idade: de tres anos en adiante.

É necesario recoller invitación.

Galego

A musica das árbores

Graciano Zoqueiro, trasgo e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as ramas nace unha sinfonía, cando cae a choiva nas follas soa un violín, unha gaita… cada vez que un ballón fai danzar aos freixos móntase un espectáculo de ballet.

Duración: 45 minutos.

Idade: desde 3 anos.

Galego

Mmmm delicious!

Session based on food through several activities: a story-telling, role-plays, a song and a game. // Dedícase a sesión aos alimentos, que se traballarán mediante un conto e a súa teatralización, unha canción e un xogo. Duración: 60 minutos aprox. A partir de tres anos. Inscrición previa.

Galego

A casa de Carmeta

Carmeta non está nunca quieta, fala polo día e pola noite, fala cando corre e cando vai en coche. Carmeta é unha nena valente, que ás veces se asusta, unha nena decidida que pasa vergoña, unha nena capaz de comerse sesenta e sete bolos de vento mais un. En fin unha nena como ti. Duración: 45 minutos. A partir de 3 anos. Inscrición previa.

Galego

O fin de ano dos animais

As folerpas de neve cobren a paisaxe e convértena nun precioso manto branco, que non durará moito xa que os nosos animais o cubrirán coas súas pegadas para iniciar unha viaxe misteriosa cara un ano novo. Teremos que acompañar a un exército de pitas que busca vinganza, a unha formiga cantante, a un gato saltarín e a moitos animais máis que nos axudarán a combater o frío e que precisarán da nosa axuda para resolver os seus problemas. Súmate a esta viaxe! 

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Galego

Welcome back Santa!

Obradoiro en inglés para aprender palabras importantes do Nadal (reno, agasallos, boneco de neve) e as principais preposicións de lugar. Cantaranse dúas panxoliñas, Jingle bells e We wish you a Merry Christmas, e realizaranse xogos con cartóns de imaxes.

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 60 minutos. 

Inscrición previa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, conto