Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Contacontos sen etiquetas

Contacontos a cargo de Lisístrata. Historias para aprender a aceptar, respectar e comprender a identidade de cada persoa e amosar todos os afectos posibles entre os seres humanos, poñer ao seu alcance a diversidade das familias..

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O poeta do Miño, unha homenaxe a Manuel María

A perda da inspiración dun poeta de moita sona desencadea unha viaxe polo Miño. Aventuras, amor, xeografía e moito Manuel María.

Relaciónase a oralidade coa ilustración, para rematar cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel María. A cargo de Polo correo do vento.

Actividade do Programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para público infantil a partir de 3 anos.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Andando a terra con Manuel María

Espectáculo a cargo de David Méndez, que nos presenta un espazo onde a obra do poeta de Outeiro de Rei transfórmase en maxia. Maxia participativa e interactiva onde os espectadores poderán ver efectos e situacións
máxicas con libros, textos e diversos obxetos que cita o autor. Público familiar.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Fabulando

Historias para estimular a imaxinación de nenas e nenos, aprender a resolver problemas e superar dificultades, dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Lugar: Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Glub!

Hai que levar aos nenos e nenas á gardería, ir traballar, recollelos, facer a compra, ir ao médico, coller o teléfono, voltar á oficina, xogar no parque ... Pero existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos xogar, imaxinar, agarimar, falar con eles ... é o momento do baño! Onde as burbullas de xabrón convértense en historias, soños, contos ...

Sesión a cargo de Ramiro Neira, dirixida a bebés de 0 a 3 anos. IMPORTANTE: Só poderá permanecer co bebé un adulto (pai, nai, avoa...)

Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Non che teño medo

O conflito entre o ben e o mal está sempre presente nos contos de terror para nenos e nenas e axuda a expresar as súas emocións e vencer os seus propios medos, contribuíndo a prepararse para a vida. Contamos historias tenras, divertidas e duns medos moi particulares para que, mediante o entretemento, a infancia se enfronte aos temores e monstros que habitan os seus soños.

Lugar: Salón de Actos, ás 12:00 h.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos 

Galego

Imos bailar un conto

Nun lugar agochado entre as dunas de vento e as fragas da chuvia, un grupo de historias bailan coa auga e cantan coa area. Queredes bailar con elas?

Lugar: Salón de Actos, ás 12:00 h.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Madame Bechamel e Srta. Bolognesa

Dúas cociñeiras moi particulares imparten un curso de cociña moi especial. A receita de hoxe é "como cociñar un bico" ... e mentres agardan a que o bico estea no seu punto picotean na memoria para contar unha historia.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos

Lugar: Salón de Actos, ás 12:00 h.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos