Os sábados, choiva de contos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Tirando do fío

Unha invitación a descubrir historias, a viaxar a países remotos, a namorarse e romper corazóns, a xogar coas letras e as palabras, a soñar ... Atréveste a tirar do fío? 

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. 

Galego

O bardo Abelardo

Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que habitan no fondo das fragas, dos ríos e dos mares. Como a súa cabeza está chea de paxaros, voa de vila en vila e de cidade en cidade contando e cantando contos e historias.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un Nadal cheo de contos

Poñemos nos zapatiños de todas as nenas e nenos contos feitos de maxia e ilusión. Cantamos panxoliñas e contamos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… Contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas que seguramente algún día serán realidade.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos argalleiros

Algarada de contos argalleiros, cantos, risas e tambores. Mi madriña! que festeiros! Brincos, berros e tremores.
 
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Cóntame outra vez

Os contos clásicos son atemporais, máxicos e estimulan a imaxinación da infancia. Lobos, ogros, heroínas e animais son personaxes que simbolizan o positivo e o negativo e que lles axudan a superar os seus conflitos. Contamos para o público infantil contos de sempre para desfrutar como nunca.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de soños

Un día soñei que ... un dragón voou xunto á miña fiestra. Unha princesa quería un traxe novo e un neno converteuse en peixe. E ti? Que soñaches?

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de animalario

Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que pudieramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis...
 
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

E logo por que?

Historias máxicas que nos levan por universos soñados e construídos á medida da fantasía infantil. Visitamos o mundo irreal dos contos e achegamos a sabedoría irónica das palabras e argumentación absurda que fai as delicias de nenas e nenos, para dar resposta á curiosidade propia do público infantil mediante unha marabillosa enciclopedia inexistente.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un saquiño cheo de contos

Un contador que leva contos para pequenos e non tan pequenos. Contos metidos nun saco, contiños que queren saír. Contos de risa e de medo, contos que queren brincar, contos de día e de noite, contos... para escoitar e contar.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Os sábados, choiva de contos