Nadal en Rede

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Lingua de Reis

Os escolares de infantil e de primaria de seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística (Triacastela, Folgoso do Courel, San Cristovo de Cea e mais Piñor, Manzaneda e Oroso) recibirán a derradeira semana de clases do ano unha visita moi especial: os tres Reis Magos de Oriente pasarán polo seu centro e falaranlles na lingua propia de Galicia para que todos os nenos e nenas saiban o moito que lles gusta e que a aprecian.

Galego

Feliciano

Os 7 Magníficos máis 1 (os televisivos Fran Rei e Pedro Brandariz) agasallarannos cunha boa dose de risas e de alegría para despedir o ano 2014 e darlle a benvida ao 2015. Porque o Nadal non é só cousa de nenos, velaquí unha proposta para público de todas as idades que percorrerá 18 entidades da Rede de Dinamización Lingüística de toda Galicia coa colaboración da Deputación da Coruña no seu ámbito territorial. Trátase dunha serie de pequenas pezas humorísticas que nos farán contemplar as festas de Nadal cunha mirada desenfadada.

Galego

Espantallo amigo

Versión teatral deste clásico da literatura infantil galega escrito en 1971. Nela Lucho Penabade e Tero Rodríguez continúan a historia orixinal contada polos adultos que lle deron vida á trama do Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas. Cunha proposta escénica deseñada por Xosé Vizoso, a actividade ofrécelle como complemento ao público asistente un exemplar da reedición especial da peza ilustrada por Xaquín Marín e editada por Galaxia.

Dirixido a familias con nenos de máis de 7 anos, Espantallo amigo chegará este Nadal a 7 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Galego

Cantigas da estrela

Magín Blanco, acompañado de María Faltri e de Jorge Juncal, animará a xente miúda da casa a seguir o ronsel das estrelas para gozar do Nadal coas músicas máis coñecidas de Gatuxo e A nena e o grilo, así como con panxoliñas inéditas do músico e compositor. A xira levarao a 19 localidades da Rede de Dinamización Lingüística.

Galego

A cantar con María Fumaça

Concerto de Nadal de Uxía, acompañada dos músicos Santi Cribeiro e Sérgio Tannus, que percorrerá 14 localidades da Rede de Dinamización Lingüística. O repertorio inclúe cancións dos famosos discos María Fumaça e Xiqui, xoque, fiú, fiú, ademais de panxoliñas e outras músicas tradicionais deste tempo. Para non perder!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Nadal en Rede