De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos
A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) realiza en Centros de Ensino das catro provincias galegas a Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos” para divulgar e dar a coñecer á mocidade as dez cantigas do trobador Martín de Padrozelos, recollidas nos Cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional de Lisboa. A exposición vai acompañada dun concerto do grupo A Quenlla.