2naFronteira
Os artistas interpretarán tanto temas do repertorio desta formación musical como do último disco en solitario de Carmen, Herdeiras, con poemas musicados de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val ou Marta Dacosta.
Os artistas interpretarán tanto temas do repertorio desta formación musical como do último disco en solitario de Carmen, Herdeiras, con poemas musicados de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val ou Marta Dacosta.
A cantante galega que representou a España en Eurovisión no ano 2011 interpretará no seu concerto Teño algo que contarche cancións do seu novo disco Quince soles.
Este traballo está composto por temas en galego que lle dan un novo xiro musical a poemas de Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas, Castelao ou Rosalía de Castro, entre outros.
Co concerto Cantos no Nadal, Emilio Rúa e Rosa Cedrón chegarán a sete localidades da Rede de Dinamización Lingüística.
Interpretarán cancións compostas por ambos os intérpretes, así como temas tradicionais versionados por eles, entre os que, por suposto, non faltarán os cantos propios destas datas.
A soprano Victoria Álvarez Acón e o pianista Vicente Castro Alonso interpretarán poemas do escritor Xosé Neira Vilas.
Senén Vaamonde e Alfredo e Manuel, músicos da formación A Roda, ofrecen un concerto didáctico que inclúe panxoliñas e outros poemas de Pura e Dora Vázquez musicados no seu día por Suso Vaamonde.
Tamén aos cativos e cativas e ás súas familias se dirixe a proposta da coñecida cantante María do Ceo. A artista interpretará as súas Cancións para nenas e nenos nun concerto no que se poderán escoitar os temas do seu primeiro traballo, homónimo, de música infantil.
Pablo Díaz estará na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso co seu concerto Coas miñas mans, música para aprender os números, as cores, as comidas... pero tamén para cantarlle á lua ou á primavera; cancións divertidas, en fin, para medrar con alegría.
A coñecida compañía de teatro Baobab presenta neste Nadal en Rede unha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas de 1 a 7 anos e ás súas familias. Puño puñete oriéntase a ofrecerlles a estas recursos para cantar e contar en galego cos seus fillos e fillas. Asemade, combinando as rimas, as cantigas e os contos, convida os cativos e cativas a descubrir un mundo de sensacións e de emocións a partir de xogo tradicional.
“-Puño, puñete, que tes por dentro? -Pan e fermento! -Puño, puñete, que tes por fóra? -Pan e cebola!”.
Chega o Nadal e Sonia quere facer un boneco de neve. Pero non un calquera, quere un boneco de neve que non se derreta! A solución parece fácil: facer un boneco de algodón. Será suave e branco como a neve, pero máis duradeiro. Mais Sonia quere neve de verdade, quere un boneco frío coma un xeado, e iso non parece posible. A non ser que se faga no Polo Norte, porque alí sempre vai frío… E como vai chegar ao Polo Norte? Alguén ten unha idea xenial e comezan a construír un vehículo que os leve ata o destino soñado por Soni
Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, A banda da loba destaca pola creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.