Nadal en Rede

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Nadal Novoneyra

A irrepetible voz de Uxía e a poesía de Uxío Novoneyra nun concerto de Nadal en que a coñecida cantante interpreta os textos do poeta do Courel acompañada polo músico Sérgio Tannus. Un repertorio que recolle os temas do seu último álbum Uxía/o.

Galego

Os Bolechas. Un conto de Nadal

Desta volta, os seis intrépidos irmáns e o seu can Chispa terán que resolver un misterio que pode deixar os cativos e cativas de Galicia sen os agasallos que tanto tempo levan agardando. E é que se perdeu o camelo en que os Reis Magos traían todos os galanos. Conseguirán atopalo a tempo? Seguro que, coa axuda do público, serán quen de facelo. Únete a eles en oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística

Galego

Picariño

Senén Vaamonde e os músicos do grupo A Roda Alfredo e Manuel ofrecen esta actividade para que os nenos e nenas galegos coñezan un proxecto musical que une tres figuras representativas da historia da nosa música e das nosas letras.

O concerto chegará este Nadal a 12 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Galego

Nadal de vila en vila

A cantante Uxía e o acordeonista Santi Cribeiro desenvolven en dez concellos da Rede de Dinamización Lingüística este obradoiro para familias con nenos de 4 e máis anos, ás que se lles pedirá que axuden a contar un conto musical de Nadal unindo as súas voces ás dos dous músicos e acompañándoas con instrumentos de percusión que lles serán entregados para a ocasión. Deste xeito, irán coñecendo panxoliñas, xaneiras, cantares de reis e aguinaldos que poderán repetir nas súas casas durante as festas, para celebraren en galego estas datas tan especiais.

Galego

Obradoiro de xogos e xoguetes en galego

O Nadal é tempo de xoguetes e a Rede de Dinamización Lingüística quere apoiar os xogueteiros que os desenvolven na nosa lingua, animar os pequenos e pequenas a empregala nos seus xogos e aos seus pais e nais a transmitirlles o idioma propio de Galicia compartindo con eles espazos e tempos de ocio en galego. A empresa Brazolinda será a encargada de desenvolver este Nadal, en 10 concellos da Rede, un obradoiro para familias con nenos entre os 2 e os 10 anos que responda a estes obxectivos.

Galego

Os Bolechas, Nadal en familia

A familia máis famosa de Galicia, Os Bolechas, percorrerá este Nadal 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para celebrar as festas cos nenos e nenas, a quen acompañarán mentres estes xogan. Haberá un concurso e exposición de postais; cartas aos Reis Magos; contacontos; xogos populares; sorteo de libros; obradoiros de chapas, de maquillaxe, de debuxo... e moitas outras actividades divertidas para toda a familia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Nadal en Rede