Nadal en Rede

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Os Bolechas presentan... Un Nadal máxico

Trucos, feitizos e moita maxia, Os Bolechas regresan polo Nadal co seu espectáculo para levar a ilusión aos fogares galegos. Coa axuda do supermago Danubio e do público, a aprendiz Loli intentará facer os mellores trucos de maxia e transportará a cativada a un universo de ilusión onde todo é posible, mesmo facer desaparecer algún dos seus irmáns. Será a maga Loli capaz de traer de volta os seus irmáns coa súa variña máxica?

Galego

De ida e volta

A compañía en Branca e Negra (Amor Herrera e Cris de Caldas) trae unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora.

Galego

Contos no Nadal

A contadora Ángeles Goás chega ao Nadal en Rede para ofrecernos a oportunidade de mergullar na escoita de historias de chemineas, nevaradas, agasallos, segredos... e de deixar que a maxia e a emoción destas festas invernais impregnen os nosos sentidos.

Galego

Palabras

A compañía Baobab Teatro presenta unha proposta dirixida a nenos e nenas entre 1 e 8 anos e ás suas familias. Palabras parte do eixe principal das lerias e enredos da nosa tradición oral, que xa contaban os nosos tataravós, bisavós, avós... Desde aí, viaxa a través da música, dos xogos e das historias tradicionais que as familias asistentes aprenderán para continuar xogando cos seus fillos na casa unha vez finalizado o espectáculo.

Galego

A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

Con esta proposta da compañía Fantoches Baj dirixida a público familiar e adulto, queremos pechar o ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, en cuxo libro Galicia se basea esta peza teatral. Nela, e seguindo o percorrido dunha viaxe entre Lourenzá e Santo André de Teixido que realiza o alter ego de don Paco, Ramón Sanfiz, imos facendo parada en diferentes historias e cancións relacionadas cos concellos de Mondoñedo, O Valadouro, Ortigueira, Cariño e Cedeira.

Galego

A bruxa Befana

Chega decembro e chegan Os Bolechas coa súa xira de Nadal, que pasará por 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística e levará unha convidada  moi especial, a bruxa Befana.

Galego

Son no berce

Concerto didáctico-sensorial para bebés (0 a 3 anos). A actriz Cristina Collazo, a través de pezas musicais orixinais do compositor Manuel Paino, realiza unha viaxe de descuberta polo corpo curioso dos nenos e das nenas (desde os seus dediños que exploran a natureza ata a sorpresa da auga na súa cara). A finalidade é que os cativos deixen voar a súa imaxinación e, con ela, saian a percorrer o mundo.

Cinco concellos da Rede de Dinamización Lingüística acollerán sesións dobres desta actividade:

Galego

Fazulas e o ladrón de paraugas

Proposta da compañía teatral Bandullo Azul protagonizada por Fran Campos e baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro, do que o concello receptor da actividade recibirá 5 exemplares.

O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para darlle resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza que trata de sensibilizar a cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.

Galego

O Apalpador e Os Monifates

Velaquí unha proposta do máis orixinal e divertida que combina o contacontos arredor dunha figura senlleira do Nadal galego coa música e os monicreques danzantes, un tipo de títere tradicional recuperado pola compañía Os Monifates, responsable do espectáculo. Poderás verse nos seguintes concellos da RDL:

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Nadal en Rede