Nadal en Rede

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Fartura de Nadal

Non hai nada máis parecido ao Nadal que reunirse a escoitar contos, quererse, comer e fartarse de historias e de música! Como facían aquelas dúas velliñas que vivían xuntas, comían xuntas, durmían e soñaban xuntas... Ou aquela avoa que quería pasar o Nadal coas súas tres netas, pero deulle por facer pan con mel e... Ui!, e cando tocan as 12 na noite de fin de ano e chega o Paporco... Rilo&Penadique tráennos un feixe de historias para toda a familia, contos para quererse, xuntarse e divertirse son o alimento do Nadal. Iso e os cantos, que nunca falten! Tedes fame?

Galego

Os Bolechas. Un nadal sen neve

É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. Con todo, escoitan na televisión que un informe da Axencia Europea do Medio Ambiente sitúa Galicia como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os Bolechas fican arrepiados e van chamar o seu amigo o científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible. De súpeto aparece un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático. A Lixontropo encántalle a calor polo Nadal e tamén comer fume de coche, cueiros, porcalladas e… lixo.

Galego

Os avós e as avoas como transmisores de lingua e cultura galegas

A psicóloga Cándida Rodríguez Ferro incidirá nestes obradoiros na transmisión interxeracional da lingua galega a través da toma de consciencia das persoas de máis idade e do seu encontro e diálogo coa de xeracións máis novas. Dirixido tanto aos avós e ás avoas coma aos seus fillos e netos, o proxecto concíbese como un instrumento para a socialización entre novos e anciáns e fai posible o achegamento entre diferentes formas de entender a realidade social e lingüística.

Galego

O vixilante dos soños

Así é como empeza a aventura dun neno que vai medrando cunha inmensas ganas de chegar á lúa e que acabará converténdose no mellor amigo dos nenos e nenas. Trátase dunha proposta teatral dirixida a público familiar que desenvolverá Ubú Teatro nos concellos da Pobra do Caramiñal, Pontedeume, Vedra, Ribas de Sil, Celanova, Xunqueira de Espadanedo, A Cañiza, Cuntis, Pazos de Borbén e Ponte Caldelas.

Galego

Mulleres que contan

Obradoiro orientado a poñer en valor a palabra das mulleres escritoras para pechar deste xeito un 2018 en que as Letras Galegas se dedicaron a María Victoria Moreno. Durante a sesión, iranse presentando diversas microescenas centradas en diferentes autoras, cada unha delas seguida dunha actividade de investigación e descuberta.

Galego

Obradoiro de xogos de mesa

Durante un par de horas, o persoal dinamizador iralles amosando aos nenos e nenas como empregar diferentes xogos de mesa cos que despois cada participante poderá continuar enredando libremente. Ao final da sesión, os asistentes elixirán un deses xoguetes para que quede no concello en que se realizou a actividade, co fin de que teñan ocasión de volver usalo no futuro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Nadal en Rede