Nadal no Gaiás

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Concurso de postais

A Cidade da Cultura anima os máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás.

Participar é moi fácil: colle o patrón, pinta o teu Nadal no Gaiás e envía a postal por correo postal, ao mail online@cidadedacultura.org ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 23 de decembro. As seis máis orixinais recibirán un agasallo da Cidade da Cultura e un pack de entradas familiar para asistir ao Nadal Rock do 28 de decembro.

Bases

Galego

Nadal Rock

Vivir o Nadal a ritmo de rock nunha velada musical con Mad Martin & The Blue Christmas Combo.

Da man dos bailaríns de Blanco y Negro Studio aprenderemos todos os pasos para converternos en perfectos rockabillys e gozar ao son do Elvis'Christmas Album e outros grandes do rock.

Galego

AnimandoNós

Obradoiro de animación audiovisual a partir das láminas de Nós.

Valéndonos das imaxes do álbum Nós de Castelao e atendendo ao seu estilo e capacidade de síntese, os participantes do obradoiro tratarán de reproducir o trazo da súa obra utilizando os medios audiovisuais para realizar unha pequena curta de animación en stop-motion.

Galego

Carautas

Obradoiro de expresión corporal e plástica a partir da obra Os vellos non deben de namorarse e o álbum Zimbo.

Xogando con máscaras e marionetas utilizaremos a súa simboloxía na que se fusionan traxedia e comedia para representar diversas situacións que aparecen na obra de Castelao e no álbum Zimbo no que se retrata a histoira da loita pola liberdade dunha marioneta que quere desfacerse dos fíos que dirixen as súas accións.

Galego

Imaxina o teu Nadal no Gaiás

A Cidade da Cultura anima as e os máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás. Participar é moi fácil: colle a plantilla, pinta o teu Nadal no Gaiás e envíanos a postal por correo postal, ao mail online@cidadedacultura.org ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 22 de decembro. As tres máis orixinais recibirán un agasallo da Cidade da Cultura e entradas para unha das actividades da programación especial para este Nadal.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Nadal no Gaiás