Nadal no Gaiás

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Merenda de Nadal

O 29 de decembro hai preparada unha Merenda de Nadal con tres ingredientes principais: gastronomía, música e moito humor. Porque nenos e maiores asistirán ao primeiro día de traballo de tres peculiares personaxes no espectáculo Cocido sinfónico, no que tres vagabundos se converten en cociñeiro, camareiro e xefe de cociña e nos amosarán a súa peculiar forma de elaborar un menú. Tras eles, o grupo de percusión Odaiko sorprenderá ao público ao converter calquera utensilio en música do máis virtuosa.

Galego

Nadal swing

Este Nadal, nenos e maiores aprenderán a mover o seu corpo a ritmo de swing. Porque o 26 de decembro, a Cidade da Cultura ten organizada unha velada na que non faltará a música en directo para que poidas aprender todos os pasos, exhibicións a cargo de bailaríns profesionais que nos deixarán coa boca aberta cos seus movementos e ata un recuncho no que poderemos caracterizarnos con diferentes accesorios e converternos nos reis da pista.

+ info: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/nadal-swing

Galego

Gaiás, cámara, acción!

Saborear a maxia do celuloide e o brillo dos focos, ser protagonista da alfombra vermella, converterse nunha auténtica estrela ou descubrir todos os segredos que se agochan tras a cámara será posible grazas ás Visitas familiares a Cinegalicia25, unha forma lúdica de coñecer a historia do cine galego na que pais e fillos farán un percorrido por un país de imaxes.

Datas: 6,7,13,14,20,21,27 e 28 de decembro de 2014; 3 e 4 de xaneiro. 
Horarios: Sábados pola tarde (17:00) e domingos pola mañá e pola tarde (11:30 e 17:00).

Galego

O meu videoclip 2014

Escolle a túa canción, fai unha coreografía, idea un fondo e a gravar. Este Nadal propoñémosvos ser os protagonistas do voso propio videoclip. Prepararemos uns fondos, xogaremos co croma, aprenderemos os pasos de baile e ata faremos playback para dar lugar a un dos mellores vídeos do 2014 que, por suposto, enviaráseche a casa para que poidas compartir con amigos e familia.

+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/o-meu-videoclip

Galego

Cine de plastilina

O Museo Centro Gaiás convértese este Nadal nun auténtico plató de cine… de plastilina. Coincidindo co 25 aniversario de Sempre Xonxa, a xa mítica película de Chano Piñeiro e pioneira do cinema galego, os participantes neste obradoiro modelarán en plastilina e darán vida aos seus personaxes para crear unha película en stop motion.

Un divertido obradoiro co que os máis  pequenos achegaranse aos inicios do cinema galego mentres os seus pais revivirán escenas míticas da nosa historia audiovisual.

Galego

Baile de xogos

Cal é unha das actividades que máis nos gusta facer? Xogar. E cal é un dos símbolos da cultura en Galicia? A música e as danzas tradicionais. Podemos xuntar as dúas cousas nun mesmo obradoiro? Claro! 

Da man de Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez descubriremos unha chea de xogos cos que introducirnos no baile tradicional por medio de pasos e figuras sinxelas para rematar nunha sesión de xogo-baile colectiva na que gozar en familia.

Galego

Dálle á manivela polo Nadal

Crear melodías máxicas con só facer xirar unha manivela. Esta é a proposta do músico Germán Díaz, mestre da zanfona, un instrumento co que é capaz de espertar as emocións máis profundas. 

Este Nadal, nenos e adultos teredes a oportunidade de compartir tres horas con este músico para levar a cabo a fermosa tarefa de compoñer unha peza musical que poida ser interpretada por un dos instrumentos de manivela da súa colección.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Nadal no Gaiás