Música en salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Alejandro Vargas Trío

Nesta proposta musical hai temas onde se recrea a sonoridade do órgano oriental lembrando a estética rural dos campos cubanos, desde o changüí ata o mambo de Pérez Prado. Outros temas remiten ás orixes do  blues ou ás cores de Monk para sorprender co contraste de propostas próximas ao  minimalismo, que fan do directo unha fantasía artística.

Galego

Acordeireta en concerto

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo con vós.

Galego

Concerto de Abraham Boba

Abraham Boba é o pseudónimo que David Cobas (Vigo, 1975) utiliza desde fai máis dunha década para asinar todos os seus traballos relacionados coa música. Tras unha primeira etapa autodidacta na que pasa por diferentes cidades e proxectos musicais (desde bandas de rock a experimentais como o dúo Belmonde) decide mudarse a Barcelona onde cursa estudos de piano,  composición e arranxos orquestrais. É alí onde publica o seu primeiro disco en solitario, baixo o nome e título de Abraham Boba (2007).

Galego

Tony Lomba

O repertorio seguiría a mesma liña que en Tony Lomba e o seu atril, cun 75% de temas de música lixeira "pode haber algunha petición, segundo os gustos, pero trátase de respectar a pinza do meu público".
A invitación está no aire e tal e como recolle no seu muro, "se lle apetece unha festa de música lixeira e despois un belisco de baile", contáctase a través de Facebook. 

Galego

Concierto de Risco

RISCO é musica de dentro, da nostalxia e da pérdida. Tambien desa cousa cotiá do amor. Con influencias folk e de música popular hispanoamericana, ao redor das cancións de Carlos Risco se reunen vellos coñecidos: o seu irmán Ton Risco ao vibráfono, o acordeón e a percusión e o seu vello amigo o guitarrista Antonio Casado.

Galego

Grima en concerto

Grima nace en Pontevedra de man de Facundo Pardo (batería) e Laura García (baixo,voz) membros paralelamente de grupos como Monrovia, Montclair ou o colectivo de músicos Metamovida.

Tras unha primeira toma de contacto tocando de maneira informal en Litium Records deciden constituírse como banda e dar comezo á elaboración dunhas cancións que conxugan un estilo que oscila entre o grunge, o metal, o stoner, o punk e deixes de progresivo experimental. Unha mestura nova, fresca e difícil de encasillar.

Galego

Concerto de Daniel Rodríguez

Iniciou os seus estudos musicais no conservatorio de música Jose Anxo Lamas en Caracas, cidade na que comezou a estudar batería co distinguido profesor José Mato. Aos 21 anos trasládase a Madrid e asiste a unha masterclass con Marko Djorjevic que lle aconsella continuar a súa preparación técnica co profesor Daniel Podador egresado do Drummers Collective de New York quen comparte os seus ensinos e libros cos que continuaría a súa aprendizaxe de maneira autodidacta.

Galego

dATRIO Narci Rodríguez

dA Trío de Narci Rodríguez encaixan o seu son dentro do Groove, do funk, hip hop, soul e música electrónica. Xa con dous EP´s publicados (REFLEXIÓNS, 2019 e INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO, 2021) este traballo de música de autor conta cun directo onde os tres compoñentes ILMARTO (batería, electrónica), ZALO RODRÍGUEZ (teclas e sintetizadores) e NARCI RODRÍGUEZ (vocal, guitarras e baixos) propoñen una viaxe sonora a través de versos, texturas sonoras e conexión co público para compartir a experiencia aos vivos dos seus traballos discográficos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Música en salas