Concerto de Mamen
Concerto incluído na programación de Música en Salas
Concerto incluído na programación de Música en Salas
Concerto incluído na programación de Música en Salas
Concerto dentro da programación Música en salas
Concerto de jazz
A formación está liderada polo saxofonista brigantino Miguel González, quen iniciou os seus estudos musicais na localidade e desenvolveu unha longa carreira internacional.
Trío de jazz que mestura tradición e modernidade.
Coa súa música tentan que o publico disfrute dunha velada na que por un intre as preocupacións e problemas diarios desaparezan do seu corazón, deixando un sorriso de complicidade debuxado nas súas caras.
Formación:
Juyma Estévez: contrabaixo, arranxos e composicións
David Regueiro: guitarra
Noli Torres: batería
Apart nace no 2014 logo de que un grupo de amigos se xuntase para desfrutar xuntos da súa paixón en común. Grabar sesións no estudio, compoñer cancións e por suposto facer bailar ao público en concertos en directo. O grupo defínese como unha banda de rock-indie influenciada por sonidos característicos dos 70´s como o soul, a música disco e o rock máis clásico. Cunha visión actual, tratan de modernizar un estilo basado en riffs de guitarra e melodías vocales sencillas que conectan co público desde o principio.
Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarraa, vasoiriñas melódicas e un fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Comulgando sen reparos, transmitindo nutrientes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña.
Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.
Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, deonde veñen parte do seus integrantes.
Monday mood, é o terceiro traballo coma líder de contrabaixista e compositor compostelán Alfonso Calvo. Al igual que o seu anterior traballo Sea ahead, Monday mood preséntase en formato de septeto.
Alfonso Calvo Septet ten actuado nos festivais de jazz máis importantes da nosa comunidade (ImaxinaSons, Festival Internacional de Jazz&blues de Pontevedra, Festival de Jazz de Moaña, Festival de Jazz de Lugo, Noites de Jazz de Cambre...)
Compoñen o septeto algúns dos músicos máis relevantes da esdena jazzística galega: