Música en salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Susie Q's en concerto

A proposta musical da banda, basease nun potente directo cargado de enerxía a base de descargas constante do mellor rock and roll e blues, mantendo unha continua interacción co público asistente, desgranando una serie de cancións que abarcan dende temas socialmente comprometidos ata pequenas e conmovedores historias persoais que poden acontecer na vida cotiá de cada un de nós.

Galego

Concerto de Sofía Espiñeira

 Músicas que saen de dentro, por necesidade. Estilos diversos para un mundo diverso. Historias cantadas con voz propia. Cun estilo persoal influenciado polas músicas de raíz, Sofía Espiñeira diríxese a un público heteroxéneo cun repertorio variado no que bota man do estilo directo que caracteriza á canción de autora.

Galego

Silvia Penide en concerto

Na actualidade atópase en plena xira de presentación do seu sétimo traballo de Estudio El Efecto Boomerang que inclúe seis cancións, unha delas en galego e o resto en castelán e varios textos ou poemoas escritos tamén pola autora coruñesa. O disco foi gravado en Madrid, no Estudio Raro Tempo de David San José, músico e productor de artistas como Víctor Manuel e Ana Belén, que se implicou moi directamente en cada arranxo do disco que lle valeu a Silvia para ser novamente Finalista na categoría Canción de autor nos Premios Martin Codax da Música galega 2020.

Galego

Sheila Patricia Trío

Sheila Patricia é unha das novas voces de Galicia, cunha especial sensibilidade e unha potente presenza do empoderamento na súa música.

Filla dunha galega e dun arxentino, percibimos nas súas composicións trazos do folclore de ambos lugares.

A contínua preocupación polo seu, pola súa terra reflíctese no seu discurso artístico, recuperando o sentimento do canto popular, herdanza da súa avoa, unha das máis fortes referencias femininas de Sheila.

Simbiose é unha fusión do que representa a esencia da nosa artista.

Galego

Secho en concerto

Nestes tempos onde revisitamos as nosas prioridades, a música emerxe como esa compañeira necesaria que pon banda sonora as nosas biografías. Nela escollemos as coordenadas que constrúen memoria, sentimentos, sensacións, fuxidas, soños e tamén as outras vidas que decidimos non vivir. A soidade mírase elegante nos seus acordes, sinalando un antídoto en cada abstinencia. Para que todo isto pase, alguén ten que rexistrar o son e, nese facer, achegar honestidade, paixón e unha voz propia. 

Galego

Concerto de Santi Araujo

Entre crise de ansiedade e problemas de autoaceptación, Santi Araújo acabou por rebentar e as cachizas do estalido terminaron convertidos en decenas de cancións, a razón de dúas ao día durante semanas enteiras. Temas que non saíra a buscar, que "apareceron" despois de cinco anos sen compoñer nada, tras a disolución do seu anterior proxecto, A Familia.

Galego

S4N7

Piti Sanz presenta "S4N7"... "Piti Sanz (Os Contentos, Dei Elas) asóciase cos músicos lucenses Ro Muñoz (Dei Elas, Mamá Cabra / batería) e Adrián Arias (teclado) e xuntos dan forma a un disco que é unha auténtica delicia. Un disco que é unha declaración de intencións, un berro aos catro ventos: estou de volta, toquei o chan pero levanteime... e estou máis forte que nunca".

Galego

Concerto de Queen pro quo

Queen Prol Quo é unha banda de pop e rock que replica os máis exitosos temas da banda inglesa Queen tanto dos seus álbums de estudo como dos seus directos.

A parte de coidar o son e a interpretación ofrece un espectáculo próximo e interactivo co público.

Os integrantes da banda Queen Pro Quo dispoñen dunha ampla experiencia e traxectoria profesional, así como dedicación exclusiva ao mundo do espectáculo.

Compoñentes: Saulo Sause, Miguel Belo, Ro Muñoz, Gonzo Piña e Luís Monsalve

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Música en salas