Nacho Pérez Quinteto
O guitarrista vilagarcián presentará un repertorio de temas orixinais e standards (cancións clásicas do xénero moi coñecidas).
O guitarrista mostra unha influencia importante de grandes e elegantes músicos, como John Coltrane, M. Davis, Charlie Parker e, mesmo, Thelonious Monk.
Aos seus dotes instrumentais, Nacho Pérez engade as súas cualidades como cantante, unha faceta moi pouco explotada no ámbito do jazz galego.