Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Contos dende a saudade

Contos recollidos aquí e alá, contos escoitados dende a nenez nas sobremesas das casas dos avós, contos de animais e contos de tema marabilloso, desenredados dende a saudade de Ramón Piñeiro; unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Obradoiro de monicreques de papel

Cada neno/a fai unha marioneta aplicando os principios da papiroflexia. Reparando en que o papel é a materia prima dos libros. Reflexionando sobre a importancia das bibliotecas como depositarias da riqueza dos libros e como espazo de uso comunitario da cultura.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Sobre nenas e nenos

Coñecedes dentro do reino animal algunha especie onde o macho fique embarazado? Imposible? Coñecedes algunha muller que pilote un avión ou que queira ser sopradora de vidro? Se tes preguntas acerca do que é ser nena ou ser neno, vén a esta sesión, para compartir dúbidas e facelas historias.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Contiario

Pasen e Vexan! Pasen e escoiten!... Achegar aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! No Contiario caben todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, fábulas, cantar de cego, contos minúsculos, adiviñas, contos-canción...

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Por que é salgada a agua do mar?

Por que é salgada a auga do mar? Quen di a verdade, os libros de ciencias ou os contos e lendas tradicionais? Os Quinquilláns vannos divertir coa súa versión teatral e incluso nos levarán de expedición para que os propios habitantes dos fondos mariños nos conten como viven.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Pura palabra

A palabra dita é en por si un universo de sons, cores, aromas e sensacións. Sole Felloza percorre o mundo enteiro coa única maleta que pasa por todas as fronteiras: a das palabras. Cunha palabra podes dar a volta ao mundo. 

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

A voltas con Shakespeare

Repaso cómico da historia do gran autor teatral William Shakespeare. Revivirase a historia de Romeo e Xulieta, Hamlet, Macbeth, O mercader de Venecia,... ao tempo que se achega á xente ao teatro como ferramenta de lectura, pois non é só para velo, senón que tamén podemos gozar del lendo.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Monicreques nas mans

Pintar na man personaxes imaxinados, darlles vida coa manipulación e a voz a eses monicreques. Xogar a contar pequenas historias inventadas polos participantes.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito