Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Día do Libro - Marcapáxinas-lupa para guiar a lectura do Quixote

Ler é toda unha aventura, na que se vai descubrindo o mundo. No Día do Libro, os participantes neste obradoiro descubren as palabras e gárdanas para lembralas cando as precisen.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas. Ademais, este obradoiro está inserido nas actividades do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril.

Galego

CreaCANcións!

Xuntanza para os amantes da música, escoitando música e creando cancións.

Si compoñer cancións! A instrumentación estará posta polos dinamizadores.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Nanoteatro

Nanoteatro representando: 

  • AJDAR: Matilde terá que ir ao centro da terra para comprender a cólera do dragón, responsable do sismo no seu país.
  • PAPAMEDOS: un neno que ten medo da escuridade e un irmán que inventa un amigo imaxinario que come todos os medos.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Obradoiro creativo cos pelelliños (ilustración e historias)

Obradoiro creativo cos pelelliños. Un obradoiro para coñecer estes máxicos personaxes da man do seu creador, inventar novas historias e deseñar novos pelelliños. Cunha chea de debuxos e risas, viaxando ao mundo dos pelelliños.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Obradoiro de improvisación en verso (regueifa/brindo)

Obradoiro de improvisación oral en verso (regueifa/brindo), dirixido a todas aquelas persoas con inclinación á práctica do verso clásico rimado da controversia dramatizada ó estilo clásico e con curiosidade por coñecer as tradicións populares do país (e tamén de fóra del).

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Día da Ilustración - Aproximación á ilustración

O ilustrador Óscar Villán ofrece a súa perspectiva sobre o traballo de debuxantes con estilos e puntos de vista diverxentes, coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do ilustración para libros.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas de Galicia e coincide coa celebración do Día da Ilustración, o 30 de xaneiro.

Galego

Conto Express

Ranpunzel e Grettel Chanetti chegan en bicicleta con contos express e precisarán da colaboración do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas.

E de sobremesa, suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silenciosos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Pan e auga? Sopas!

O protagonismo de cantigas de base popular e tradicional, a gastronomía e os enredos e brincadeiras forman parte da narración das historias de avó Casiano.

A contada remata cun sinxelo obradoiro de cociña creativa a xeito de brincadeira, pero que sorprende por igual a grandes e a pequenos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Pastoreando alegrías

A cabra Micaela e a súa pastora están como unha cabra. As alforxas de Micaela, en lugar de queixo e pan, levan contos e pequenos contos todos tolos de atar.

Son historias sen sentido que nos fan sorrir, e énchennos de alegrías e de ganas de vivir. 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito