Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Cousas de Castelao

A historia comeza o día que Pedro anda a marear a perdiz para non ir á escola e vai sendo testemuña de diferentes situacións que se producen na vila. O anuncio dunha viaxe dun barco cara Bos Aires esperta a súa curiosidade. E, xunto co seu amigo Daniel, decide ir velo atravesando o bosque...

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas. 

Galego

Contos de maxia

Espectáculo baseado no libro “O Sorriso de Rosalia”, Rosalía ten o sorriso máis grande do mundo, pero o seu tesouro máis prezado é a súa capacidade para imaxinar que a levará a coñecer lugares que só podemos visitar viaxando polas páxinas dos libros.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas, e inclúese dentro dos actos da biblioteca para celebrar o Día do Libro, que se festexa o 23 de abril.

Galego

A maleta da avoa

A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros. Nela vive a memoria entre libros, bonecas de millo, chapeus... e tamén adiviñas. 

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Contos de amor erotismo e morte

A ollada, o silencio, e como non, a palabra son os protagonistas destas historias, que van dende a creación ata a morte, pasando pola vida, con toda a súa carga de erotismo. Contos para gozar da literatura oral e deses persoeiros que só se atopan nun momento de fábula.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Contando en feminino

Nestes relados o papel feminino non é o tradicional nos contos, senón igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Bibliotecas Públicas de Galicia.

 

Galego

Contos para un Caldiño

Andrea Ea Ea Ea é quen de facer un caldo atípico. Este caldo precisa de ingredientes moi especiais. O primeiro ingrediente son orellas, orellas que escoiten; outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos tradicionais e contos dramatizados aderezados con bonitas cantigas.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Animalario fantástico

Obradoiro plástico-literario que fai percorrido pola narrativa infantil de animais e remata coa creación dun animalario fantástico.

Inspirados pola música do Antroido dos animais xógase a inventar animais a partir de historias, e historias a partir de imaxes.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Non máis guerras

Educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos, mostrar os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e como nos ensinan posibles solucións, e fomentar o uso da biblioteca e a lectura, son os obxectivos deste divertido, musical e participativo contacontos teatral.

Está dirixido á mocidade e a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Fotoconto

Obradoiro no que os nenos e nenas que soñaron con protagonizar os seus contos favoritos agora poderán crear coas súas propias fotos as ilustracións dos contos que desexen.

 

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito