Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Xogando coas letras

Xogando coas letras fará reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística e introducirase no interesante mundo das linguas, sempre divertido e enriquecedor. Français, Deutsch, English.

Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e ten unha duración de 90 minutos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

A nao Catrineta

Na Nao Catrineta, cóntase a historia dunha familia de lavandeiras insidiada polo demo de pelo azul Cobillón. Nesta historia mistúranse saberes tradicionais, refráns, cancións, contos populares e o romance histórico da Nao Catrineta para contar unha historia na que finalmente o demo sae escaldado.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Animamos un conto coa técnica do Stop Motion en papel

Coa técnica da animación stop motion realízase unha videocreación que lle dá vida ás personaxes do conto que se elixa. Adentrándose na historia, creanse as personaxes e o escenario con todo tipo de papeis e recréase a historia diante da cámara, movemento a movemento.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Día do Libro - Camiño de historias

Camiño de historias é un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos lugares do mundo onde se fala galego ou portugués e que abordan dunha maneira amena cuestións como a difusión destas linguas, a interculturalidade e os dereitos humanos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas e server tamén para festexar este 23 de abril o Día do Libro.

Galego

Comelibros

Comelibros é unha obra na que se mesturan personaxes reais e monicreques nun mundo de libros. Cando a biblioteca pecha as súas portas ao público, os libros reciben coidados e mimos de dous personaxes moi particulares, don Hilario o bibliotecario e David o aprendiz.

Pola noite pasan cousas estrañas e coñécense uns personaxes chamados Comelibros que habitan nas bibliotecas e gardan certos segredos.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Andersen!

Este espectáculo ten o desafío de abordar dous dos máis amados contos de Andersen cunha proposta orixinal e artesanal que integra varias linguaxes escénicas como mimo, commedia dell'Arte, teatro de sombras e escenografías de vangarda. Un espectáculo que fará a delicia de toda a familia

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Conta con sombras

A partir dun conto crease a sombra china dunha personaxe e logo, xunto co resto da xente, represéntase a historia mediante a pantalla.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

O Recuncho dos contos

Esta sesión de contacontos vai dirixida a nenos de todas as idades... e a non tan nenos.

Un ramallete de contos, xogos e cancións dramatizaranse por unha contacontos que interactuará co público asistente, cambiando elementos de atrezzo para cada conto cun espazo escénico acorde ó recuncho. Espertando nos nenos/as o gusto pola lectura e os contos.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Contos literarios

A literatura en papel ás veces queda no papel. As máis delas potencia a imaxinación. Outras, mudar a palabra escrita por palabra falada fai que nos entre por todos os sentidos e non só polo oído.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito