Día do Libro - Titiricleta
A Titiricleta do Titiricleteiro (o Carballo con Botas) chega á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, A India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.
Con este espectáculo, dirixido a nenas e nenos de 5 a 11 anos, a biblioteca únese ás celebracións do Día do Libro.
Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, que leva a cabo a Rede de Bibliotecas de Galicia.

