O coelliño branco
O Coelliño Branco é un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función.
Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración de nenos e adultos asistentes para festexar o Día do Libro.
Duración: 40 minutos

O Coelliño Branco é un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función.
Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración de nenos e adultos asistentes para festexar o Día do Libro.
Duración: 40 minutos
“Palabras creativas” é unha proposta que procura achegar aos nenos e nenas á lectura e a composición dende unha proposta lúdica,que parte de empregar ferramentas moi motivadoras na construción creativa e compartida,na que eles e elas son os verdadeiros protagonistas do pracer de xogar coas palabras.
Obradoiro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
O Coelliño Branco é un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función.
Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración de nenos e adultos asistentes, fan parte desta actividade de animación á lectura da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Neste obradoiro procúrase fomentar a creatividade dos nenos e eneas, a escoita, e dar a coñecer as novas xeracións a narración oral galega máis antiga.
Obradoiro que forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Unha sesión de contos orientada a transmitir valores sen caer no didactismo e afastándose de moralismos.
Contos que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.
Dirixida a nenos a partir de 4 anos.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Celebrando o cuarto centenario do Quijote, para achegar a lectura clásica aos rapaces, presentamos este espectáculo de maxia no que se fán referencias ó libro «Erase una vez el Quijote» unha adaptación da editorial Vicens.
Actividade de animación lectora da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facian música. Cando o vento move as polas nace unha sinfonía, unha orquestación. Cando a chuvia cae nas follas soa un violin, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet.
Actividade de dinamización do programa Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas,
Manuel María entre amigos é unha actividade na que tres músicos de Xardín Desordenado cantan cancións compostas sobre textos do poeta, e cancións sobre textos de outros/as 6 poetas galegos/as que compartiron experiencias, libros, recitáis con él: Carmen Cruckemberg, Marica Campo, Pepe Cáccamo, Fernán Vello, Chus Pato, Luisa Castro.
Espectáculo de música, teatro e danza dentro da programación Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Un libro, un cheiro, un conto... Un traxe especial, para un rei especial. O traxe novo prometía ser un capricho inigualable e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia dos habitantes da corte…. Duración: 45 minutos
Actividade dentro do programa Ler conta moito.
Os cantacontos faranos bailar, cantar, contar e soñar ao ritmo da guitarra, do bater das palmas e do latexar do corazón. Unha actividade para compartir todos xuntos, participando cos nosos pés, coas nosas mans, cos nosos propios ritmos... que non nos deixará indiferentes. Duración: 45 minutos